Galego  Castellano  English 

Qué é?

Phottic é a plataforma global de fotografía histórica onde as comunidades locais reviven o seu pasado. Ademais é un proxecto TECNOLÓXICO “MA NON TROPPO”, VIABLE, BONITO E NECESARIO.

TECNOLÓXICO “MA NON TROPPO”

... porque a base é unha aplicación desenvolvida para xeorreferenciar fotografía antiga sobre Street View de Google, pero o verdadeiro valor do proxecto está no uso que se fará dela por parte da comunidade que comentará e valorará as imaxes. Para isto propoñemos un importante traballo offline, de difusión entre a poboación local, accións entre outras, de alfabetización dixital da 3ª idade (que son os que teñen o coñecemento das imaxes), accións coa mocidade co obxectivo de conseguir “Brigadas Dixitais” para que axuden ao colectivo anterior a trasladar o seu coñecemento a un entorno dixital que elos si coñecen.

VIABLE

... porque estamos convencidos de que o proxecto ten un amplo percorrido a nivel internacional.

Para nosotros es BONITO, por no decir PRECIOSO

... xa que culminan nel moitas das accións aprendidas e desenvolvidas pola nosa empresa ao longo de máis de 15 anos.

NECESARIO

a maioría das fotografías que actualmente se conservan nas nosas casas non están nas mellores condicións, se a isto lle unimos que a vida do papel usado a finais do século XIX está ao límite, proxectos que tenten salvar este Patrimonio entendemos que son de alto interese, polo menos nós poremos todo o que esté da nosa parte para tentar dixitalizar todos os recursos inéditos que poidamos. Este proxecto pretende axudar á conservación e á posta en valor dese patrimonio a través de 3 claves:

  • Fomentando a dixitalización das fotografías antigas de cada espazo xeográfico.
  • Engadindo valor a esas imaxes mediante o uso de tecnología de xeolocalización.
  • Creando unha comunidade interxeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais da mocidade.