logo
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Calle Coruña Carballo Feria Carballo Plaza Carballo Puente Carballo

As fotografías conteñen información que só coñecen as persoas que teñen ou tiveron relación coas mesmas, por iso cada día que pasa son moitos os anacos da historia que se perden.

Phottic pon en marcha proxectos locais para a recuperación do Patrimonio Fotográfico onde a poboación ofrece as súas imaxes e o seu coñecemento para que sexa publicado en internet usando a nosa novedosa Comunidade Virtual.


Presentación


PHOTTIC é un proxecto TECNOLÓXICO “MA NON TROPPO”, VIABLE, BONITO E NECESARIO.

TECNOLÓGICO “MA NON TROPPO”

... porque a base é unha aplicación desenvolvida para xeorreferenciar fotografía antiga sobre Street View de Google, pero o verdadeiro valor do proxecto está no uso que se fará dela por parte da comunidade que comentará e valorará as imaxes. Para isto propoñemos un importante traballo offline, de difusión entre a poboación local, accións entre outras, de alfabetización dixital da 3ª idade (que son os que teñen o coñecemento das imaxes), accións coa mocidade co obxectivo de conseguir “Brigadas Dixitais” para que axuden ao colectivo anterior a trasladar o seu coñecemento a un entorno dixital que elos si coñecen.

VIABLE

... porque estamos convencidos de que o proxecto ten un amplo percorrido a nivel internacional. 

Para nós é BONITO, por non dicir PRECIOSO

... xa que culminan nel moitas das accións aprendidas e desenvolvidas pola nosa empresa ao longo de máis de 15 anos.

NECESARIO

a maioría das fotografías que actualmente se conservan nas nosas casas non están nas mellores condicións, se a isto lle unimos que a vida do papel usado a finais do século XIX está ao límite, proxectos que tenten salvar este Patrimonio entendemos que son de alto interese, polo menos nós poremos todo o que esté da nosa parte para tentar dixitalizar todos os recursos inéditos que poidamos. Este proxecto pretende axudar á conservación e á posta en valor dese patrimonio a través de 3 claves:

  • Fomentando a dixitalización das fotografías antigas de cada espazo xeográfico.
  • Engadindo valor a esas imaxes mediante o uso de tecnología de xeolocalización.
  • Creando unha comunidade interxeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais da mocidade.



logo