
Sobre nosotros
De Arsenio a Arsenio é un percorrido pola historia do RCDeportivo de A Coruña que abrangue o período comprendido entre as tempadas 1951-1952 e 1972-1973. Pero é moito máis.
No libro non só se reflicten as estatísticas e as fazañas do clube branquiazul que deleitarán ós seus seguidores senón que atoparán o contexto histórico, económico e social no que un clube modesto foi quen de darlle ó fútbol grandes figuras como Luis Suárez, Amancio, Acuña… ou o propio Arsenio Iglesias, o artífice do equipo que anos despois se convertería no “Súperdepor”.
O libro, publicado pola editorial Phottic, recupera pois a eses xogadores emblemáticos pero tamén ás persoas que o fixeron posible. O seu autor, o carballés Xan Fraga, é historiador, profesor, escritor e, sobre todo, un apaixoado do fútbol.