
No último campeonato de aldeas.
Foi a última final do campionato de fútbol das aldeas, polas festas do Carme do ano 1983. Había distintos equipos de As Pontes e da comarca (Meidelo, As Pontes, Xestoso, Cabreiros, Roupar, A Faeira…).
Nalgún partido chegábanse a xuntar 2.000 persoas de público. Organizábano algúns veciños, que ata tiñan un Comité de Sancións, entre eles Cholo. Este campionato celebrouse varios anos e xogaban todas as semanas, facendo a final na festas do Carmen. Agora, moitos destes equipos están federados como o Cabreiros, o Roupar ou o Castro de Ferrol.
A final foi entre A Faeira e Saá. Cholo xogaba na Faeira. Foi no ano 83. Acabou coa Faeira 1- Tritóns de Saá 0. O fútbol das aldeas desapareceu coa chegada do fútbol sala.
Había un gran compañeirismo e amizade ademais da relación estrita do equipo. Había moita máis competitividade, porque tamén era das poucas actividades que había, pero logo do partido todos quedaban como amigos.
Xogaban con algúns equipos federados, polo que chegar á final xa era todo un éxito. Ían no autobús de Gabeiras ou no de Autocares Capela a xogar con equipos de máis lonxe, coma pola zona de Vilalba, Ferrol ou Monfero, e teñen ido ata Pontevedra.
As fotos foron tomadas por Manolo Vila. Desa foto fixéronse ata gorras e camisetas para a afición.
---- Foto cedida por Manuel Bouza Bouza "Cholo" ----

Fecha de la foto
Dirección
Rúa Eume, 410B, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, EspañaPara comentar inicia tu sesión aquí
Para comentar inicia tu sesión aquí
No último campeonato de aldeas.
Foi a última final do campionato de fútbol das aldeas, polas festas do Carme do ano 1983. Había distintos equipos de As Pontes e da comarca (Meidelo, As Pontes, Xestoso, Cabreiros, Roupar, A Faeira…).
Nalgún partido chegábanse a xuntar 2.000 persoas de público. Organizábano algúns veciños, que ata tiñan un Comité de Sancións, entre eles Cholo. Este campionato celebrouse varios anos e xogaban todas as semanas, facendo a final na festas do Carmen. Agora, moitos destes equipos están federados como o Cabreiros, o Roupar ou o Castro de Ferrol.
A final foi entre A Faeira e Saá. Cholo xogaba na Faeira. Foi no ano 83. Acabou coa Faeira 1- Tritóns de Saá 0. O fútbol das aldeas desapareceu coa chegada do fútbol sala.
Había un gran compañeirismo e amizade ademais da relación estrita do equipo. Había moita máis competitividade, porque tamén era das poucas actividades que había, pero logo do partido todos quedaban como amigos.
Xogaban con algúns equipos federados, polo que chegar á final xa era todo un éxito. Ían no autobús de Gabeiras ou no de Autocares Capela a xogar con equipos de máis lonxe, coma pola zona de Vilalba, Ferrol ou Monfero, e teñen ido ata Pontevedra.
As fotos foron tomadas por Manolo Vila. Desa foto fixéronse ata gorras e camisetas para a afición.
---- Foto cedida por Manuel Bouza Bouza "Cholo" ----

Fecha de la foto
ME INTERESA
Si está interesado/a en adquirir esta imagen desde PHOTTIC le trasladaremos su interés al propietario para que se pongan en contacto entre ustedes.
Los datos aportados serán enviados entre ustedes y Phottic no se hace responsable de su tratamiento ni del uso que puedan hacer de los mismos.
*Para poder solicitar al propietario su interés en la foto debe estar previamente logueado
REDES SOCIALES