Panorámica da fábrica de fertilizantes dende a Torreta da Central Térmica
Tal e como di a "Memoria do traballo, o comercio e a industria en As Pontes": o complexo industrial de ENCASO en As Pontes, incluía a central térmica, e posteriormente dende o ano 1959 unha Fábrica de Abonos Nitroxenados que eran elaborados a partir do lignito. Este complexo dividíase en tres seccións: A, B e C. As seccións A e B eran as que recibían o lignito, seleccionaban o mellor para a producción de abonos e do demais destinábase a combustible da central térmica. O lignito seleccionado era sometido a todo unha serie de procesos destinados á obtención de amoníaco. Posteriormente na sección C transformábase o amoníaco en nitrato amoníaco cálcico, ensacábase e almacenábase.
Todo o complexo caracterizábase por ser un exemplo da arquitectura racionalista, na que os volumes externos dos edificios responden a unha xeometría cubista, que se relaciona directamente coa orde productiva interna. As fachadas dos edificios ábrense en grandes ventanais, horizontais e verticais, que proporcionaban ó interior unha axeitada aireación e iluminación que responden á necesidade de espazos agradables para o traballo, e tamén ós condicionantes dos procesos desenvoltos no seu interior como pode ser o perigo de explosión dos materiais.
Na panorámica vense as distintas partes da fábrica de fertilizantes: secado, presecado, gasificación, os gasómetros de gas, nitróxeno e osíxeno; e máis ao fondo compresión e nitrato. Tamén se ve, na parte esquerda da foto, a Vilavella e o parque de carbóns por onde chegaba o tren.
De todo isto, só queda unha parte, Distribución e Enerxía que está na entrada fronte á oficina e que agora se chama a de informática. Tamén queda o almacén, que está xunto á estrada.

Fecha de la foto
Dirección
Rúa Blanco Amor, 15328 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, EspañaPara comentar inicia tu sesión aquí
Para comentar inicia tu sesión aquí

ME INTERESA
Si está interesado/a en adquirir esta imagen desde PHOTTIC le trasladaremos su interés al propietario para que se pongan en contacto entre ustedes.
Los datos aportados serán enviados entre ustedes y Phottic no se hace responsable de su tratamiento ni del uso que puedan hacer de los mismos.
*Para poder solicitar al propietario su interés en la foto debe estar previamente logueado
DENUNCIAR FOTOGRAFÍA
Eliminar Panorámica da fábrica de fertilizantes dende a Torreta da Central Térmica
¿Realmente deseas eliminar la fotografía "Panorámica da fábrica de fertilizantes dende a Torreta da Central Térmica "?
Eliminar
REDES SOCIALES