Na malla de Villerma (4)
Esta foto foi dunha malla na Villerma (Ribadeume) á que Cholo ía de axudante, na casa de Feal. A foto foi sacada cando Cholo tiña 16 ou 17 anos, no ano 66 ou 67. Daquela, nunha malla coma esa podíanse xuntar entre 80 e 100 persoas e os da casa daban pan e viño.
A máquina que aparece na foto era a limpadora. Na foto aparece o proceso xa máis mecanizado, pois comezouse coa mecanización sobre os anos 50. As máquinas adoitaban ser dun veciño que tiña a máquina no pobo e cobraba por ir mallar ás casas, onde se xuntaban todos os veciños para axudar. Todo o pobo sabía cando se mallaba nunha ou noutra casa (aínda que non había para mallar en todas) e os veciños aparecían alí para axudar.
Nas mallas, os homes estaban no traballo bruto, levando a palla ós palleiros, meténdolle o trigo ou o centeo á máquina para desgraalo, sacaban a palla da máquina; e as mulleres levaban o grao á limpadora e logo peneiraban o grao, pero na limpadora que era manual sempre había dous homes a quendas. As mulleres estaban arriba sacándolle as pallas. As mallas ademais dun traballo era unha festa e un sitio de encontro social, logo da malla daban comida ou pan e viño. Ribadeume e Xermade tiñan o mellor trigo da comarca, como tódolos sitios onde había bos toxos. Tamén se mallaba centeo e avea, pero en moita menor medida. Logo ían véndelo á feira de As Pontes.
A foto foi sacada por un veciño da zona que tiña cámara, aínda que non se normalizou o de ter cámara ata mediados dos anos 80.
---- Foto cedida por Manuel Bouza Bouza "Cholo" ----

Fecha de la foto
Dirección
Aldea Ribadeume, 1, 15329 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, EspañaPara comentar inicia tu sesión aquí
Para comentar inicia tu sesión aquí

ME INTERESA
Si está interesado/a en adquirir esta imagen desde PHOTTIC le trasladaremos su interés al propietario para que se pongan en contacto entre ustedes.
Los datos aportados serán enviados entre ustedes y Phottic no se hace responsable de su tratamiento ni del uso que puedan hacer de los mismos.
*Para poder solicitar al propietario su interés en la foto debe estar previamente logueado
REDES SOCIALES